Miguel de Luna
 
 
Protección de datos  
Política de protección de datos persoais
Esta política de protección de datos persoais infórmae sobre como recollemos os seus datos neste sitio, como os protexemos, como os utilizamos e as opcións que ten respecto á recollida e utilización dos devanditos datos. Considerarase que acepta esta política de protección de datos persoais ao finalizar o proceso de rexistro no noso sitio web.

Miguel de Luna (sociedade constituída en España) é responsable de todos os datos persoais que proporciona neste sitio (www.migueldeluna.com), salvo que se dispoña o contrario no sitio, en cuxo caso se mostrará outra política de protección de datos diferente.

Qué tipo de información persoal recollemos
Recolleremos os datos persoais que nos proporcione de distintas maneiras, por exemplo, ao rexistrarse no sitio web ou cando utilice o formulario da sección de contacto para enviarnos unha mensaxe. Estes datos usaranse para cumprir a relación que exista con vostede (facilitar un presuposto, responder a unha consulta...).

Ademáis, cando se rexistre neste sitio, ofreceráselle a opción de recibir circulares informativas e información comercial sobre acontecementos relacionados coa actividade de Miguel de Luna como desfiles, novos produtos, apertura de novas tendas... A súa participación nas nosas actividades comerciais é voluntaria e pode cambiar as súas preferencias de marketing ou decidir deixar de recibir información comercial no futuro en calquera momento. Máis adiante indícase como facelo.

Cómo eliminar ou modificar os seus datos e cambiar as suas opcións
Se se rexistrou connosco, recibirá un e-mail solicitando que nos confirme o seu rexistro. Pode solicitar que modifiquemos ou que cancelemos os seus datos en calquera momento dende o apartado de datos persoais na sección Club MdL. En caso de cancelación, non recibirá ningunha información de Miguel de Luna, nin tampouco poderá participar nas promocións, concursos ou outras actividades de migueldeluna.com. Soamente lle enviaremos e-mails e mensaxes de texto con información se nos deu consentimento expreso para elo.

Uso de Cookies
Recollemos información cada vez que interactua connosco no sitio web a través de técnicas consistentes en cookies e insectos de web (web beacons) para medir, almacenar e analizar o fluxo de tráfico e patróns de visita en e a través do sitio (por exemplo, a frecuencia e hora da visita dos nosos usuarios ás diferentes partes deste sitio web, as páxinas visitadas no sitio web, o seu tipo de servidor, idioma, sistema operativo ou dirección IP). Todo iso para que o noso sitio sexa máis interesante e útil. Así mesmo, empregamos estes métodos técnicos nos e-mails HTML/circulares informativas que lle podemos enviar para determinar se abriu estes e-mails/circulares informativas e/ou se fixo clic nos enlaces contidos neses e-mails/circulares informativas.

Como xa se explicou, estes métodos técnicos levan consigo que se nos transmita información que por si mesma non permite a identificación persoal dunha persoa. Ademais, non combinamos esta información cos seus datos persoais salvo por obriga legal ou mandato da autoridade correspondiente.

Enlaces a outros sitios web
Debe saber que cando está no noso sitio web pode ser dirixido a outros sitios web nos que os datos persoais solicitados escapan do noso control. Por exemplo, os enlaces que poida atopar nas seccións blog ou prensa poden facer saír do sitio migueldeluna.com. Dende ese momento, os datos que recolla o novo sitio sobre a súa persoa rexeranse pola política de protección de datos persoais de tal sitio.

Modificacións desta política de protección de datos persoais
Podemos modificar esta política de protección de datos persoais en calquera momento e publicaremos a última versión da política de protección de datos persoais no sitio web migueldeluna.com. Para o acceso posterior ao sitio deberá aceptar a política de protección de datos persoais actualizada vixente nese momento, que tamén será aplicable ao tratamento da túa información recollida por nós a través deste sitio con anterioridade á actualización. Se nalgún momento desexásemos utilizar os seus datos persoais dunha forma que fose incompatible co establecido nesta política de protección de datos persoais, só o faremos co seu consentimento.

Preguntas
Se tes calquera dúbida sobre o uso dos teus datos persoais, podes escribirnos a < a href="mailto:contacto@migueldeluna.com" class="enlace">contacto@migueldeluna.com

© Miguel de Luna 2010 | Acerca de Miguel de Luna | Protección de datos | Mapa web | Contacto | CréditosEspañol - English - Galego